ghose 📚⁂ reviewed Demian by Hermann Hesse (Libro de bolsillo -- 0522)
*Tú sólo no puedes. Con amigos si*. Que dicía isto? Os teleñecos?
4 stars
Aínda que por veces me perdía nesa viaxe de descubrimento persoal, de coñecemento de si mesmo, creo que o libro ten unha resolución moi bonita e poética que paga a pena por si soa.
O relato apela a seguir a forza interior que nos move, a coñecela e a diferenciala sen prexuizos alonxándose da comodidade de pertencer á masa, de diluírnos (espiritualmente) nela. O protagonista, con moitas vicisitudes e a guía de sensibilidades afíns logra percorrer o camiño.