Senlleiras

Paperback, 356 pages

Published by Editorial Galaxia, S.A..

ISBN:
978-84-9151-190-8
Copied ISBN!

View on OpenLibrary

(1 review)

2 editions

"novela-denuncia" dunha causa xusta (respeto polas mulleres)

Eu: aquí, pensando.

(...)

Non son quen de sintetizar en dous párrafos o que denuncia esta novela: a discriminación das mulleres en todos os eidos polo feito de selo. A novela por o foco na violencia física e psicolóxica que algúns (demasiados) maridos exercen sobre as súas(!) mulleres.

Not all men!! (escoito)

Pois claro que non. Falamos dos roles asignados polo sistema establecido. Noutras sociedades son (foron, serán) diferentes, e o relevante é que os sistemas e as relacións sociais poden cambiarse de xeito consciente. Non é designio divino(!), nin tampouco a Selección Natural (forza motora da evolución), que de todo se escoita.

Tamén hai mulleres malas!!! (escoito)

Pois claro. O tema é parecido (en termos de xeneralización) ao listos/tontos/ignorantes/palurdos/traballadores/you-name-it que son outros pobos. Os centroeuropeos son moi traballadores e moi produtivos!! (escoito). Aquí se vive mejor!!. My ass.

Xa estou a misturar auga con aceite. …